sábado, 29 de enero de 2011

Museo de Arte Contemporáneo ( MARCO )


Arquitecto do edificio orixinal: José María Ortiz y Sánchez
Ano: 1861
Arquitectos da remodelación: Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas
Ano: 2001
Localización: Rúa do Príncipe, 54


En 1861 o arquitecto José María Ortiz y Sánchez redacta o proxecto de construción do edificio. Tras varios anos de cambios e engadidos, as obras rematan en 1880 como indica a placa de mármore situada na fachada principal, aínda que en realidade se seguiron a facer cambios e reformas.

Ademais de cárcere, o edificio acabou sendo un Palacio de Xustiza; no corpo rectangular, con fachada cara á rúa do Príncipe, instaláronse os xulgados e no resto do edificio, o cárcere.

É de planta hexagonal irregular formada por un corpo rectangular con fachada á rúa do Príncipe, un corpo circular no centro do que parten tres naves radiais e por último varios corpos laterais que pechan os lados do inmoble. Este tipo de planta -chamada panóptica- foi deseñada polo filósofo británico Jeremy Bentham (finado en 1832) e utilizada por vez primeira na construción de cárceres no século XIX; con ela conseguíase maior vixilancia, á vez que se creaban varios patios exteriores que facilitaban a ventilación e a entrada de luz natural, ademais de espazos abertos para os presos.

Orixinalmente tiña dúas plantas, mais engadíuselle unha máis nos tres corpos da fachada posterior e a nave central que os comunica. A fachada principal forma un conxunto airoso e harmónico; nela destacamos un corpo central máis saínte ca o resto e un zócalo que a percorre lonxitudinalmente. Este corpo é de pedra de cantaría almofadados e presenta unha maior profusión decorativa ca o resto da fachada; del destaca o balcón corrido, situado sobre ménsulas de pedra, e no que se abren tres portas con arcos semicirculares enmarcados en pilastras de estilo corintio e, como remate, un reloxo. A fachada posterior e as laterais son máis pesadas o teñen menos vans.

Os materiais construtivos empregados son o perpiaño de granito e a mampostaría revestida nos entrepanos dos muros.

Este edificio foi declarado Ben de Interese Cultural en 1990.

A remodelación do edificio iniciouse en 1999 e concluíu no ano 2001, para convertelo no museo de arte contemporánea da cidade, actualmente de titularidade municipal.

Da súa remodelación encargouse un equipo vigués de arquitectos formado por Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas.

Na reforma mantívose, en todo momento, o esquema orixinal do antigo edificio. Destaca por isto, como sinal de identidade fronte a outros museos, o trazado panóptico das salas de exposición. A sua estrutura está formada por tres galerías e catro patios que parten dun núcleo central, rodeados de salas perimetrais, co que se despraza a entrada das salas de exposición desde a fachada cara ao centro.

No seu exterior construíuse un edificio anexo e un paseo peonil, nas rúas posteriores, que o integran perfectamente no seu contorno.



paxina web do museo : http://www.marcovigo.com/
ai podes atopar información, horarios, programación, etc
LOCALIZACIÓN
Príncipe 54 | 36202 Vigo
t. +34 986 113 900 f. +34 986 113 901
info@marcovigo.com

Castrelos.



(Patty Smith, unha das lendas do Punk, este verao, no auditorio de Castrelos)


Foi doado á cidade polo Marqués de Alcedo (1858-1936), o seu propietario.
O parque de Castrelos é unha das xoias da cidade, xa non só pola súa extensión (algo máis de 24 hectáreas, un dos máis extensos da cidade),
senón tamén polas suas dotacións.
Nel podemos atopar un auditorio ao aire libre, un lago artificial e o Pazo-Museo Quiñones de León, que integra un xardín inglés, un xardín francés e unha rosaleda.

O auditorio, un dos mellores do Estado español ao aire libre, atópase na zona central do parque. Aproveita a pendente da ladeira, o cal lle confire unha estrutura de teatro grecorromano. Delimítanse dúas zonas grazas a un foxo con auga. Neste auditorio celébranse concertos ao longo de todo o verán. A zona comprendida entre o foxo e o escenario é zona de pagamento, mentres que a zona situada na ladeira é de acceso gratuíto.

O lago artificial está construído a diferentes niveis, con fervenzas e chorros de auga. Unha ponte en medio do lago permite atravesalo. Existe a posibilidade de realizar espectáculos de luz e son sincronizados co movemento do auga. Viven e conviven nel diferentes especies acuáticas: cisnes, patos, gansos, etc., os cales se foron habituando á presenza das persoas e pasean tranquilamente entre eles.

O Pazo-museo Quiñones de León foi construído na segunda metade do século XVII. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciega galega. Hoxe en día é un museo onde podemos atopar unha sala de arqueoloxía; unha sala de pintura, cunha importante e ampla colección de pintura galega; unha sala dedicada á arte decorativa da época; unha colección de porcelana de Sargadelos e outros fondos artísticos legados por Policarpo Sanz. Ademais, cómpre destacar tamén os seus xardíns:

- O xardín francés atópase xusto detrás do pazo. É un xardín de gran beleza que, nas súas formas, lembra os xardíns de Versalles, a unha escala reducida. Está formado por un labirinto de buxos, en cuxo centro hai unha fonte de delfíns de granito, se ben estes, na súa orixe, eran de chumbo.

O xardín está delimitado no lado dereito polo xardín inglés e pola rosaleda no lado esquerdo. Estes tres espazos atópanse a diferentes niveis, o superior sería a rosaleda e o inferior o xardín inglés.

No corredor lateral, que separa o xardín da rosaleda, atópase o paseo dos escudos.

- O xardín inglés é coñecido tamén como a pradeira do té, dado ao costume británico dos seus anteriores donos de tomar o té neste lugar. É un xardín moito máis sinxelo ca o francés. O seu deseño está asociado á corrente naturista, onde a flora parece medrar libremente sen unha orde predeterminada, a excepción das árbores. Esta é unha pradeira rectangular rodeada por dous camiños, con varios exemplares arbóreos, e no centro un pequeno estanque cunha reprodución a escala do propio pazo -influencia das miniaturas chinesas que tan de moda estiveron durante o século XVIII-. Na parte final do xardín, sobre un estanque, está unha estatua do século XVII, A fonte de Neptuno, situada antigamente na Porta do Sol.

- A Rosaleda é un pequeno paseo con rotondas e esculturas. Ao longo do camiño trázase unha serie de arcos polos que crecen os rosais. Ao final da vía atoparemos a imaxe dunha virxe.

Praia de Samil e outras praias de Vigo.

Vigo conta con grande variedade de praias ao longo da sua costa. A cidade dispón de 45 areais , dende os mais extensos como Samil e O Vao, ata os mais recollidos en Saiáns e as praias paradisíacas das Illas Cíes.
Os distintos areais vigueses ofrecen a posibilidade de estar en continuo contacto co mar e de disfrutar da práctica de deportes náuticos.
A Cidade de vigo conta en total con cinco praias nudistas. Tres de elas se atopan en zonas moi próximas a Vigo: unha en Coruxo, e dúas en Saiáns; e as outras dúas podemos disfrutalas nas Illas Cíes.


PRAIA DE SAMIL


Praia de areia branca e fina situada na parroquia de Navia, moi preto da cidade. Mide uns 1115m de lonxitude por 15m de ancho, o que a convirte na maior praia de Vigo. Conta con todo tipo de servizos: Cruz Vermella, hamacas, restaurantes, limpeza, telefono, duchas, fontes, etc.
Para desprazarse á praia hai varias liñas de autobuses : L10, C15A, C15B e C15C todo o ano; C3 en verao; e as liñas nocturnas CN1 e CN2.



información sobre o resto das praias dE Vigo:
http://www.buscarenvigo.com/turismo/playas_vigo.html

Hai moitas para escoller.

Monumento a Xulio Verne.


Situada na Rúa das Avenidas.
Escultura inaugurada o 17 de outubro de 2005. Foi esculpida en bronce polo vigués José Molares e doada á cidade pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra.

Trátase dunha homenaxe que a cidade de Vigo realiza a Xulio Verne (no centenario da súa morte), pola mención á urbe viguesa no seu libro 20.000 leguas de viaxe baixo o mar. Representa o escritor francés sentado sobre os tentáculos dun monstro mariño ou lura xigante.

Monumento ao Pescador



Figura de pedra esculpida por Alfonso Vilar Lamelas inaugurada en 1955 e que mide 12m de altura. É unha homenaxe aos homes do mar.

Nela, sobre un alto pedestal de dous corpos, se eleva a figura de un mariñeiro vestido coa roupa de augas que sostén un remo na sua man esquerda , no frente, unha muller co filho e unha "patela", agarda pacientemente e mostra o fruto da pesca.

Vervum : Casa das Palabras (Museo)



VERBUM - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poden participar dun modo activo nos elementos expositivos.
VERBUM é un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer a través de xogos todo o relacionado coa comunicación: as linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escritura, a literatura, a tecnoloxía…
VERBUM é un vocablo latino que significa “palabra”, porque a palabra é a orixe do contido do proxecto e o latín é a orixe das linguas que falamos en Galicia. Tomando a palabra como unidade mínima de significación, os contidos de VERBUM desenvólvense en catro disciplinas xerais: linguaxes, ciencias, literatura, tecnoloxía.
A oferta permanente de VERBUM amplíase coa programación de exposicións e actividades complementarias.

Horario
De 10:00 a 19:00 horas (inverno)
• Do 16 de setembro ao 14 de xuño.

De 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (verán)
• Do 15 de xuño ao 15 de setembro

Pechado
Luns (agás os que coincidan en festivo)
1 e 6 de xaneiro e 24,25 e 31 de decembro


Prezos
Prezo Xeral 3 euros
Prezo Reducido 1 euro
• Nenos/as de 8 a 14 anos.
• Titulares do carné xove ou carné de estudante.
• Persoas xubiladas, pensionistas, desempregadas e discapacitadas.
• Familias numerosas.
• Grupos escolares de centros de ensino de fóra do Concello de Vigo, excepto os de primeiro e segundo de primaria.
• Grupos visitantes con convenios especiais co Concello de Vigo.
• Outros grupos cun mínimo de 10 persoas.
• Tarxetas turísticas ou promocións promovidas ou aceptadas polo Concello de Vigo.
• Grupos que desenvolven actividades promovidas por entidades sen ánimo de lucro, en convenio coa Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.

Entrada Gratuíta
• Nenos/as ata 7 anos (incluídos).
• Visitas de grupos escolares de calquera nivel educativo, sempre que o centro de ensino se ubique no Concello de Vigo ou de primeiro e segundo de primaria independentemente da situación do centro escolar.
• “Día do Verbum” que será o 25 de abril (Aniversario do Verbum) e o 18 de maio (Día Internacional dos Museos).
• Guías turísticos e monitores de discapacitados, de actividades infantís ou xuvenís.
• Usuarios de actividades programadas no Auditorio, Aula de Seminarios ou Vestíbulo.
• Grupos que desenvolven actividades promovidas por entidades sen ánimo de lucro, en convenio coa Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.
• Persoas asociadas a entidades coas que se subscriba un acordo ao efecto co Verbum ou coa Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.
• Visitantes que co documento nacional de identidade, certificado de empadroamento ou calquera outro documento acrediten a veciñanza no Concello de Vigo.


Visitas guiadas : http://www.verbum.vigo.org/viistasguiadas.php

O Sereo de Vigo ( Porta do sol)


Obra do escultor Francisco Leiro (1991). Preside a porta do sol (centro comercial e historico da cidade). Sobre dúas columnas de 13 metros de altura se situa umha figura fundida en aceiro, representación dumha persoaxe imaxinaria, mitade home, mitade peixe, coa mirada posta na mar. Primeira obra en Europa realizada con aceiro inoxidavel. Co tempo se convertiu nun simbolo da cidade

viernes, 28 de enero de 2011

Parque do Castro / Charlie Rivel


Ver Parque do Castro/Parque Charlie Rivel en un mapa más grande

Pincha sobre a zona do parque para obter mais información.

mais información: http://wikimapia.org/77198/es/Parque-do-Castro

martes, 18 de enero de 2011

Praza da Princesa

A actual Praza da Princesa era a antiga pescadería. Anos atrás se festexaba o mercado do peixe. No centro, a fonte do Anxelote conmemora a reconquista da cidade.

Keltoi - Vigo

en esta entrada vouvos deixar unha canción do grupo vigués de punk/Oi! Keltoi, sobre Vigo.