sábado, 29 de enero de 2011
Vervum : Casa das Palabras (Museo)
VERBUM - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poden participar dun modo activo nos elementos expositivos.
VERBUM é un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer a través de xogos todo o relacionado coa comunicación: as linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escritura, a literatura, a tecnoloxía…
VERBUM é un vocablo latino que significa “palabra”, porque a palabra é a orixe do contido do proxecto e o latín é a orixe das linguas que falamos en Galicia. Tomando a palabra como unidade mínima de significación, os contidos de VERBUM desenvólvense en catro disciplinas xerais: linguaxes, ciencias, literatura, tecnoloxía.
A oferta permanente de VERBUM amplíase coa programación de exposicións e actividades complementarias.
Horario
De 10:00 a 19:00 horas (inverno)
• Do 16 de setembro ao 14 de xuño.
De 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (verán)
• Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Pechado
Luns (agás os que coincidan en festivo)
1 e 6 de xaneiro e 24,25 e 31 de decembro
Prezos
Prezo Xeral 3 euros
Prezo Reducido 1 euro
• Nenos/as de 8 a 14 anos.
• Titulares do carné xove ou carné de estudante.
• Persoas xubiladas, pensionistas, desempregadas e discapacitadas.
• Familias numerosas.
• Grupos escolares de centros de ensino de fóra do Concello de Vigo, excepto os de primeiro e segundo de primaria.
• Grupos visitantes con convenios especiais co Concello de Vigo.
• Outros grupos cun mínimo de 10 persoas.
• Tarxetas turísticas ou promocións promovidas ou aceptadas polo Concello de Vigo.
• Grupos que desenvolven actividades promovidas por entidades sen ánimo de lucro, en convenio coa Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.
Entrada Gratuíta
• Nenos/as ata 7 anos (incluídos).
• Visitas de grupos escolares de calquera nivel educativo, sempre que o centro de ensino se ubique no Concello de Vigo ou de primeiro e segundo de primaria independentemente da situación do centro escolar.
• “Día do Verbum” que será o 25 de abril (Aniversario do Verbum) e o 18 de maio (Día Internacional dos Museos).
• Guías turísticos e monitores de discapacitados, de actividades infantís ou xuvenís.
• Usuarios de actividades programadas no Auditorio, Aula de Seminarios ou Vestíbulo.
• Grupos que desenvolven actividades promovidas por entidades sen ánimo de lucro, en convenio coa Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.
• Persoas asociadas a entidades coas que se subscriba un acordo ao efecto co Verbum ou coa Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.
• Visitantes que co documento nacional de identidade, certificado de empadroamento ou calquera outro documento acrediten a veciñanza no Concello de Vigo.
Visitas guiadas : http://www.verbum.vigo.org/viistasguiadas.php
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario