jueves, 30 de diciembre de 2010

Vigo de nuite

Área de Samil: Nas inmediacións da praia de Samil atópanse bares e discotecas que pechan a altas horas da madrugada.

Churruca:  É a zona de marcha máis alternativa da cidade.  Atopamos desde cervexarías, cafés e bares até locais que ofrecen concertos durante todo o ano. Os diferentes bares da zona ofrecen gran variedade musical, desde rock & roll, funky, techno… así como unha decoración atractiva nos seus locais.

Montero Ríos: zona próxima ao porto deportivo. Ao longo do paseo de Montero Ríos e nas rúas paralelas atopamos multitude de pubs, bares e restaurantes nos que se coidou ao extremo a decoración e os detalles. En verán destaca a cantidade de terrazas, lugar de cita obrigada para gozar das primeiras copas da noite.

Rúa Areal: amplia variedade de pubs nos que a diversión se prolonga ata altas horas da madrugada. Nesta zona atoparás os locais de moda da cidade coa música máis actual do momento.

Rosalía de Castro: zona onde atopamos unha grande oferta de restaurantes, bares de tapas, cervexarías e pubs próximos ás zonas de marcha da cidade.

Casco Antigo: Nos seus tempos foi a zona de moda e comeza lentamente a recuperar a súa antigua marcha. Actualmente está en fase de rehabilitación. Escenario da movida dos 80, destacou polos seus locais emblemáticos.




Aqui arriba podemos ver a sala A Farandula (en Churruca) onde podemos disfrutar de música en vivo e de numerosas festas todos os fines de semana. Destacar a súa estupenda decoración.
Enderezo : Rogelio Abalde, 6, Vigo, 36201
Horario: J,V,S de 19:00 a 04:30




E aqui tendes  a Iguana Club, outra sala de concertos que tamén podemos atopar en Churruca. Inagurada en 1990 polos newyorkinos "The Devil Dogs", polo seu escenario pasaron artistas internacionais e nacionais da talla dos Planetas, Killer Barbies, Green Day, The Offspring ou o cantautor arxentino Andres Calamaro.
Deixovos a súa paxina web para que podades acceder a mais información sobre a sala:

http://www.laiguanaclub.com/

Vigo no deporte

A cidade conta con equipos nas principais categorías de  fútbol (R.C. Celta de Vigo), baloncesto feminino (Celta Indepe), baloncesto masculino (Gestibérica Vigo), hockey sobre patíns (Vigo Stick), baloncesto en cadeira de rodas (Amfiv Aldasa), balonmán (Octavio Pilotes Posada), voleibol masculino (Vigo Valery Karpin) e feminino (Xuvenil de Turismo de Vigo), rugby (Universidade de Vigo Ednon TRC), fútbol sala (C.D. Vigo Fútbol Sala) e béisbol (Halcones de Vigo).


O deporte náutico merece unha mención especial xa que a Ría de Vigo reúne excelentes condicións naturais da Ría de Vigo para o acceso e abrigo da navegación; a súa paisaxe e a  súa tranquilidade a convirten nun lugar ideal para a práctica de actividades náuticas durante todo o ano. Por eso, a Ría de Vigo foi elexida como punto de partida de eventos deportivos recoñecidos internacionalmente como a Power Boat, a Volvo Ocean Race ou o Desafío Atlántico de Grandes Veleiros. E isto sen esquecernos dos innumerables campionatos rexionais, nacionais, europeos e do Mundo de diferentes modalidades de vela, remo e piragüismo que se disputan habitualmente na nosa ría.

 
Os deportistas da cidade tamén destacan noutros deportes como a patinaxe, o alpinismo ou o motociclismo.










Estadio de Balaidos

O Estadio Municipal de Balaídos é un estadio de fútbol situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Segunda división española
É obra do arquitecto Genaro de la Fuente e foi inaugurado en 1928 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Unión de Irún, no que gañou o Celta por 7-1. Posteriormente foi remodelado con motivo da acollida do Mundial de fútbol de 1982 e en 2004 con motivo da primeira participación do Celta na súa historia na Champions League, tendo esta última remodelación un custo de 3,7 millóns de €. Ten capacidade para 31.800 espectadores.




Rutas Turisticas

Vigo en Ruta

“Vigo en Ruta” é un programa de visitas peonís guiadas pola cidade. Trátase dun servizo gratuíto. As visitas están dirixidas aos turistas pero tamén aos cidadáns vigueses.
Actualmente ofrecemos tres rutas “100 minutos de cultura”, “100 minutos de mar” e “100 minutos de natureza”:
  • “100 minutos de cultura” comeza no Marco (Museo de Arte Contemporánea) e remata na rúa da Pescadería, máis coñecida como "Rúa das Ostreiras". Durante o percorrido pódense contemplar algúns dos edificios, prazas e monumentos máis significativos da cidade.
  • “100 minutos de mar” comeza na Praza da Pedra e remata no emblemático barrio de O Berbés. Durante este percorrido darase información sobre a evolución histórica do porto, así como a súa relevancia para a cidade nos últimos séculos.
  • “100 minutos de natureza” comeza na Fortaleza do Castro e remata na Cruz dos Caídos. Durante este percorrido darase información acerca das esculturas, vexetación e historia do Parque do Castro.
As visitas realízanse en grupos de 15 persoas como máximo, en castelán, en galego e en inglés. A comunicación oral establecerase tanto en español como en inglés. É necesario formalizar a reserva con antelación.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Teléfonos: 986 810 199 / 986 810 171  / 986 224 757
Fax: 986 810 110
e-mail: ofi.turismo@vigo.org


O “Bus Turístico”

Teléfonos: 986 810 199 / 986 224 757
Fax: 986 810 110
e-mail: ofi.turismo@vigo.org
    • Funciona en Semana Santa e durante o período estival.
    • Realiza catro viaxes ao día ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 con saída na rúa de Cánovas del Castillo.
    • No resto do ano funciona os días que recalan cruceiros na cidade, e nestes días, o bus sae dende a Estación Marítima (consultar os horarios para os referidos días no 986 810 199
    • Existe tamén a posibilidade de coller o Bus nas seguintes paradas: O Areal, Garcia Barbón 9, Policarpo Sanz 19, Venezuela 2, Venezuela 48, Rotonda do Monte do Castro, Praza de España, Praza de América, Museo de Castrelos, Martín Echegaray, Castelao, Samil - Praia, Alcabre e Bouzas.
    • O Bus Turístico conta cun sistema de locución con auriculares, polo que se pode escoitar a información en varios idiomas.
    • Tarifas:
      • Adultos: 7,50€.
      • Nenos (de 3 a 14 anos): 4€.
      • Menores de tres anos: Gratis (sen ocupar asento).
    Co mesmo tícket pódese subir e baixar do “Bus” ao longo do día as veces que se queiran. Os billetes véndense no propio Bus Turístico.


    Como chegar

    Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan a cidade cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e internacionais.
    O seu porto atlántico, o seu aeroporto, a rede de estradas e o ferrocarril permiten a existencia dunha ampla oferta de transportes para todos os gustos e todas as posibilidades.

    Por estrada:

    Vigo conta con tres grandes viais:
    • A Autovía do Noroeste: conecta a cidade con Madrid e a meseta a través de 667 km de estrada.
    • A Autovía das Rías Baixas: discorre dende Vigo até a autoestrada do Norte de Portugal, pasando por Tui, Braga e O Porto até enlazar con Lisboa; tamén enlaza coa autoestrada Vigo-Baiona.
    • A autoestrada do Atlántico: comunica a cidade olívica co norte de Galicia a través de Pontevedra, Santiago e A Coruña.

    En autobús:

    As principais conexións enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Extremadura, Andalucía... Tamén conta con rutas internacionais con Portugal (O Porto, Lisboa e Algarve), Francia, Suíza, Bélxica, Holanda, Dinamarca e Alemania.
    • Estación de autobuses de Vigo:
      • Enderezo: Avenida de Madrid, 57
      • Teléfono: 986 373 411             
      • Páxina web: http://www.vigobus.com/

    En tren:

    Existen conexións diarias entre Vigo e as cidades veciñas: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña e O Porto.
    Ademais a oferta inclúe expresos e talgos cada día cara a Madrid e Barcelona, e trens directos a León, Ponferrada, Bilbao e Alicante.
    • Estación de trens ADIF:
      • Enderezo: Praza da Estación s/n.
      • Atención ao cliente: 986 269 403
      • Información nacional: 902 240 202 
      • Información internacional: 902 243 402
      • Páxina web: http://www.renfe.es/





    En barco:

    O porto vigués recibe cada ano miles de pasaxeiros de cruceiros, entre os que destacan o “Queen Mary II”, o “Queen Elizabeth”, o “Oriana” ou o “Arcadia”, entre outros.
    Durante todo o ano hai transporte diario ás localidades de Moaña e Cangas do Morrazo.
    Ademais, en Semana Santa e en época estival realízanse rutas diarias ás Illas Cíes e Isla de Ons.
    • Naviera Mar de Ons:
      • Enderezo: Estación Marítima s/n.
      • Teléfono: 986 225 272
      • Información: 902 454 645
      • Páxina web: http://www.mardeons.com/
    • Naviera Nabia:
      • Enderezo: Rúa Eduardo Vicenti nº 11 - 2ºA, 36930 Bueu.
      • Atención ao cliente: 986 320 048
      • Fax: 986 430 416
      • Páxina web: http://www.piratasdenabia.com/ (compras online)


    En avión:

    O aeroporto de Vigo está situado a 10 km do centro da cidade. Conta cunha ampla oferta de voos regulares a Madrid, Barcelona, Bilbo, Canarias, Alacant, Sevilla, Baleares, Valencia e Málaga; e voos internacionais a París, Copenhaguen, Francfurt, Estocolmo e Lisboa.
    • Aeroporto de Peinador:
      • Enderezo: Avenida do Aeroporto s/n.
      • Teléfono: 986 268 200
      • Páxina web: www.aena.es

    Información

    • Situación: 42º 14’ Norte, 8º 45’ Oeste
    • Extensión: 110 km2
    • Poboación: case 300.000 habitantes
    • Densidade: 2.755 habitantes/km2
    • Pluviosidade media: 1.400 litros/m2 ao ano
    • Temperatura media: 15ºC

    Vigo ten unha poboación de case 300.000 habitantes aínda que, en realidade, a diario viven, traballan e estudan nesta cidade case medio millón de persoas, representando o 32% da poboación da provincia de Pontevedra e o 12% da poboación de Galicia.
    Ademais de ser a cidade máis poboada de Galicia, é tamén a que maior fluxo migratorio rexistrou en toda a súa historia. Polo porto saíron, no pasado, centos de miles de emigrantes cara a América, pero tamén ducias de miles quedaron aquí e fixeron súa esta cidade axudando a construíla.
    Vigo é unha urbe moi nova. A súa carta de cidadanía data de 1810 e o gran desenvolvemento urbano e demográfico produciuse no século XX, no que multiplica por vinte a súa poboación.
    A cidade de Vigo está situada na metade da ría, á que dá o seu nome. A Ría de Vigo é a máis sureña das Rías Baixas e, sen dúbida, a de maior beleza. Dende as Illas Cíes até a enseada de San Simón, abríndose tras o estreito de Rande, no longo esteiro vigués esparéxense pintorescas vilas mariñeiras presididas pola urbe olívica, coñecida como “A Porta do Atlántico”. As súas praias son dun gran atractivo, con estupendas instalacións naúticas para a práctica de deportes naúticos e rutas pola Ría.
    O municipio, de 110km2, esténdese sobre unha orografía moi accidentada. Presidido polo monte do Castro e o monte da Guía, o seu perfil sinuoso xera as pintorescas costas do seu núcleo histórico e os magníficos miradoiros que, coa ría de protagonista, lle ofrecen ao visitante estampas de prodixio. Nesta superficie mestúrase unha consolidada estrutura urbana cunha morea de parroquias rurais.
    Xeralmente soleada, con veráns cálidos pero non sufocantes, Vigo goza dun microclima dentro de Galicia.