Vigo en Ruta
“Vigo en Ruta” é un programa de visitas peonís guiadas pola cidade. Trátase dun servizo gratuíto. As visitas están dirixidas aos turistas pero tamén aos cidadáns vigueses.Actualmente ofrecemos tres rutas “100 minutos de cultura”, “100 minutos de mar” e “100 minutos de natureza”:
- “100 minutos de cultura” comeza no Marco (Museo de Arte Contemporánea) e remata na rúa da Pescadería, máis coñecida como "Rúa das Ostreiras". Durante o percorrido pódense contemplar algúns dos edificios, prazas e monumentos máis significativos da cidade.
- “100 minutos de mar” comeza na Praza da Pedra e remata no emblemático barrio de O Berbés. Durante este percorrido darase información sobre a evolución histórica do porto, así como a súa relevancia para a cidade nos últimos séculos.
- “100 minutos de natureza” comeza na Fortaleza do Castro e remata na Cruz dos Caídos. Durante este percorrido darase información acerca das esculturas, vexetación e historia do Parque do Castro.
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Teléfonos: 986 810 199 / 986 810 171 / 986 224 757
O “Bus Turístico”
Teléfonos: 986 810 199 / 986 224 757
Fax: 986 810 110
e-mail: ofi.turismo@vigo.org
e-mail: ofi.turismo@vigo.org
- Funciona en Semana Santa e durante o período estival.
- Realiza catro viaxes ao día ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 con saída na rúa de Cánovas del Castillo.
- No resto do ano funciona os días que recalan cruceiros na cidade, e nestes días, o bus sae dende a Estación Marítima (consultar os horarios para os referidos días no 986 810 199
- Existe tamén a posibilidade de coller o Bus nas seguintes paradas: O Areal, Garcia Barbón 9, Policarpo Sanz 19, Venezuela 2, Venezuela 48, Rotonda do Monte do Castro, Praza de España, Praza de América, Museo de Castrelos, Martín Echegaray, Castelao, Samil - Praia, Alcabre e Bouzas.
- O Bus Turístico conta cun sistema de locución con auriculares, polo que se pode escoitar a información en varios idiomas.
- Tarifas:
- Adultos: 7,50€.
- Nenos (de 3 a 14 anos): 4€.
- Menores de tres anos: Gratis (sen ocupar asento).
No hay comentarios:
Publicar un comentario