O deporte náutico merece unha mención especial xa que a Ría de Vigo reúne excelentes condicións naturais da Ría de Vigo para o acceso e abrigo da navegación; a súa paisaxe e a súa tranquilidade a convirten nun lugar ideal para a práctica de actividades náuticas durante todo o ano. Por eso, a Ría de Vigo foi elexida como punto de partida de eventos deportivos recoñecidos internacionalmente como a Power Boat, a Volvo Ocean Race ou o Desafío Atlántico de Grandes Veleiros. E isto sen esquecernos dos innumerables campionatos rexionais, nacionais, europeos e do Mundo de diferentes modalidades de vela, remo e piragüismo que se disputan habitualmente na nosa ría.
Os deportistas da cidade tamén destacan noutros deportes como a patinaxe, o alpinismo ou o motociclismo.
O Estadio Municipal de Balaídos é un estadio de fútbol situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Segunda división española
É obra do arquitecto Genaro de la Fuente e foi inaugurado en 1928 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Unión de Irún, no que gañou o Celta por 7-1. Posteriormente foi remodelado con motivo da acollida do Mundial de fútbol de 1982 e en 2004 con motivo da primeira participación do Celta na súa historia na Champions League, tendo esta última remodelación un custo de 3,7 millóns de €. Ten capacidade para 31.800 espectadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario