Área de Samil: Nas inmediacións da praia de Samil atópanse bares e discotecas que pechan a altas horas da madrugada.
Churruca: É a zona de marcha máis alternativa da cidade. Atopamos desde cervexarías, cafés e bares até locais que ofrecen concertos durante todo o ano. Os diferentes bares da zona ofrecen gran variedade musical, desde rock & roll, funky, techno… así como unha decoración atractiva nos seus locais.
Montero Ríos: zona próxima ao porto deportivo. Ao longo do paseo de Montero Ríos e nas rúas paralelas atopamos multitude de pubs, bares e restaurantes nos que se coidou ao extremo a decoración e os detalles. En verán destaca a cantidade de terrazas, lugar de cita obrigada para gozar das primeiras copas da noite.
Rúa Areal: amplia variedade de pubs nos que a diversión se prolonga ata altas horas da madrugada. Nesta zona atoparás os locais de moda da cidade coa música máis actual do momento.
Rosalía de Castro: zona onde atopamos unha grande oferta de restaurantes, bares de tapas, cervexarías e pubs próximos ás zonas de marcha da cidade.
Casco Antigo: Nos seus tempos foi a zona de moda e comeza lentamente a recuperar a súa antigua marcha. Actualmente está en fase de rehabilitación. Escenario da movida dos 80, destacou polos seus locais emblemáticos.
Aqui arriba podemos ver a sala A Farandula (en Churruca) onde podemos disfrutar de música en vivo e de numerosas festas todos os fines de semana. Destacar a súa estupenda decoración.
Enderezo : Rogelio Abalde, 6, Vigo, 36201
Horario: J,V,S de 19:00 a 04:30
E aqui tendes a Iguana Club, outra sala de concertos que tamén podemos atopar en Churruca. Inagurada en 1990 polos newyorkinos "The Devil Dogs", polo seu escenario pasaron artistas internacionais e nacionais da talla dos Planetas, Killer Barbies, Green Day, The Offspring ou o cantautor arxentino Andres Calamaro.
Deixovos a súa paxina web para que podades acceder a mais información sobre a sala:
http://www.laiguanaclub.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario