jueves, 30 de diciembre de 2010

Como chegar

Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan a cidade cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e internacionais.
O seu porto atlántico, o seu aeroporto, a rede de estradas e o ferrocarril permiten a existencia dunha ampla oferta de transportes para todos os gustos e todas as posibilidades.

Por estrada:

Vigo conta con tres grandes viais:
  • A Autovía do Noroeste: conecta a cidade con Madrid e a meseta a través de 667 km de estrada.
  • A Autovía das Rías Baixas: discorre dende Vigo até a autoestrada do Norte de Portugal, pasando por Tui, Braga e O Porto até enlazar con Lisboa; tamén enlaza coa autoestrada Vigo-Baiona.
  • A autoestrada do Atlántico: comunica a cidade olívica co norte de Galicia a través de Pontevedra, Santiago e A Coruña.

En autobús:

As principais conexións enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Extremadura, Andalucía... Tamén conta con rutas internacionais con Portugal (O Porto, Lisboa e Algarve), Francia, Suíza, Bélxica, Holanda, Dinamarca e Alemania.
  • Estación de autobuses de Vigo:
    • Enderezo: Avenida de Madrid, 57
    • Teléfono: 986 373 411             
    • Páxina web: http://www.vigobus.com/

En tren:

Existen conexións diarias entre Vigo e as cidades veciñas: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña e O Porto.
Ademais a oferta inclúe expresos e talgos cada día cara a Madrid e Barcelona, e trens directos a León, Ponferrada, Bilbao e Alicante.
  • Estación de trens ADIF:
    • Enderezo: Praza da Estación s/n.
    • Atención ao cliente: 986 269 403
    • Información nacional: 902 240 202 
    • Información internacional: 902 243 402
    • Páxina web: http://www.renfe.es/





En barco:

O porto vigués recibe cada ano miles de pasaxeiros de cruceiros, entre os que destacan o “Queen Mary II”, o “Queen Elizabeth”, o “Oriana” ou o “Arcadia”, entre outros.
Durante todo o ano hai transporte diario ás localidades de Moaña e Cangas do Morrazo.
Ademais, en Semana Santa e en época estival realízanse rutas diarias ás Illas Cíes e Isla de Ons.
  • Naviera Mar de Ons:
    • Enderezo: Estación Marítima s/n.
    • Teléfono: 986 225 272
    • Información: 902 454 645
    • Páxina web: http://www.mardeons.com/
  • Naviera Nabia:
    • Enderezo: Rúa Eduardo Vicenti nº 11 - 2ºA, 36930 Bueu.
    • Atención ao cliente: 986 320 048
    • Fax: 986 430 416
    • Páxina web: http://www.piratasdenabia.com/ (compras online)


En avión:

O aeroporto de Vigo está situado a 10 km do centro da cidade. Conta cunha ampla oferta de voos regulares a Madrid, Barcelona, Bilbo, Canarias, Alacant, Sevilla, Baleares, Valencia e Málaga; e voos internacionais a París, Copenhaguen, Francfurt, Estocolmo e Lisboa.
  • Aeroporto de Peinador:
    • Enderezo: Avenida do Aeroporto s/n.
    • Teléfono: 986 268 200
    • Páxina web: www.aena.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario